Nov 12

Ruta a Caión

43º 16' 53'' N  8º 34' 5'' W ( comezo )    

Percorrido : 9 km.
Duración: 1:45 h
Dificultade : media-baixa
Tipo de trazado: lineal
Concellos polos que pasa: Arteixo e A Laracha
Punto de inicio: paseo fluvial "Río Bolaños" de Arteixo

A celebración da romaría da Virxe dos Milagres de Caión ten o seu día principal o oito de setembro, aínda que a tradición indica que as honras á Virxe teñen lugar desde o domingo anterior ao día oito, cando se sobe a imaxe á súa capela. Permanece na mesma até o domingo seguinte que é cando se efectúa o seu traslado á igrexa parroquial de Santa María do Socorro de Caión.

 

Durante a antedita semana son milleiros de romeiras e de romeiros as e os que percorren os distintos camiños que conducen ao Santuario da Virxe milagreira, procedentes dos lugares máis afastados.

 

O Concello de Arteixo, para mellorar a seguridade das persoas que van de romaría, sinalizou unha ruta recomendada para a xente que vai de Arteixo a Caión, co fin de evitar a estrada xeral, que conta cun importante fluír de vehículos nesas datas. Procedeu á apertura de camiños tradicionais que no seu día foran importantes vías de comunicación entre A Coruña e Malpica de Bergantiños. Un deles está ao pasar o Porto de Sorrizo. O nome de seu é “Camiño da Gorita”, que noutros tramos recibe os nomes de “Camiño de Centeáns” e “Camiño de Aguiúnchos”.

 

Porén, ao chegar á localidade de Alvite e deixar o Concello de Arteixo, aínda había un tramo perigoso que discorría pola estrada xeral. Este tramo, actualmente é evitable, porque se limpou o Camiño das Pescas e o do Outeiro, feito que permite acceder á capela dos Milagres por lugares seguros, con boas vistas e gozando placidamente desta romaxe milenaria.

 
Envoyer Imprimer PDF
facebookFeed RSS de ArteixoAtlánticoArteixoAtlántico en YoutubeArteixoAtlántico en Google ProfilesArteixoAtlántico en Picasa
i n f o

(C) 2014 Ville d'Arteixo |www.arteixo.org