Camiño Xacobeo

43º 20' 6'' N  8º 28' 4'' W        ver mapa

As peregrinacións marianas marcaron a historia deste municipio, sendo o Santuario de Santa María de Pastoriza un templo de peregrinación xacobea, por mor da súa advocación mariana.

Do feito de que os peregrinos europeos optasen pola Vía Marítima utilizando o porto da Coruña e de que o Camiño a Fisterra, o cal discorre case todo por paisaxes privilexiadas onde a fantasía dos nosos devanceiros vía seres fantásticos ou sucesos milagreiros completando en Fisterra a peregrinación, cumprindo alí co rito de queimar á beira do mar as roupas que usaron durante a romaxe, dedúcese que un camiño xacobeo tiña que cruzar este termo municipal.

Outra testemuña  de que o camiño xacobeo pasaba por Arteixo é o feito de que Santiago sexa o patrón da parroquia da capital do concello.

 

Correo-e Imprimir PDF
facebookFeed RSS de ArteixoAtlánticoArteixoAtlántico en YoutubeArteixoAtlántico en Google ProfilesArteixoAtlántico en Picasa
i n f o

(C) 2014 Concello de Arteixo | www.arteixo.org