Certame Manuel Murguía

En xaneiro de 1991, o Concello de Arteixo púxose  en contacto co profesor e escritor arteixán Henrique Manuel Rabuñal Corgo para realizar o “proxecto” dun certame literario. Este recorre a Xavier Seoane, coordinador de certames da Deputación Provincial, buscando asesoramento e experiencias contrastadas, e a partir destes contactos deseña as bases e outros pormenores do evento. 

Foi o mesmo Henrique quen propuxo poñerlle o nome de “Manuel Murguía”, personalidade pola que persoalmente profesaba unha enorme estima e nacera xustamente no noso concello, no lugar de Froxel (Oseiro). 

Logo, xa dende a súa orixe, o certame foi concibido coma unha homenaxe á figura do noso Patriarca e coma mecanismo de promoción da nosa literatura, neste caso concreto, da nosa narrativa breve, un dos xéneros de máis tradición entre nós e necesitado, coma outros, de promoción. 

Houbo dende un principio unha clara intención de que o certame se consolidase, tanto pola súa estatura e prestixio intelectual dos xurados e coordinadores, aspecto que dende sempre foi especialmente coidado, coma pola calidade dos autores e obras premiadas, e aínda pola dotación económica en premios. 

O certame Manuel Murguía  foi  evolucionando tanto na importancia do premio coma no prestixio coverténdose na cita cultural máis  importante que se celebra no Concello de Arteixo.

Este ano se celebra o 22º certame dotado con 3703,70 euros e o xurado fará público o seu fallo no mes de maio. 

Enlace libros publicados

 

 

Correo-e Imprimir PDF
facebookFeed RSS de ArteixoAtlánticoArteixoAtlántico en YoutubeArteixoAtlántico en Google ProfilesArteixoAtlántico en Picasa
i n f o

(C) 2014 Concello de Arteixo | www.arteixo.org