Nov 03

Fraga de Sisalde

43º 17' 56'' N  8º 33' 2'' W        ver mapa 

 

A Fraga de Sisalde, situada na parroquia de Barrañán, é unha das últimas testemuñas mellor conservadas que posúe o Concello de Arteixo da Galicia de antano. Este vizoso bosque de carballos, castaños, ameneiros e salgueiros acompaña augas abaixo ao río Sisalde ata a súa desembocadura na praia de Barrañán, tras deixar tras de sí un amplo carrizal, perfecto para percorrelo só ou en compaña e descubrir a súa beleza e singularidade.

Un roteiro paralelo ao cauce permite percorrer boa parte deste espazo e visitar antigos muíños que integran un interesante conxunto etnográfico, á vez que nos falan dos cultivos de cereais que no pasado ocuparon as terras de cultivo e ladeiras nas que hoxe medran bosques e matogueiras.

 

Correo-e Imprimir PDF
facebookFeed RSS de ArteixoAtlánticoArteixoAtlántico en YoutubeArteixoAtlántico en Google ProfilesArteixoAtlántico en Picasa
i n f o

(C) 2014 Concello de Arteixo | www.arteixo.org