Nov 28

Feira Municipal

 

O Concello de Arteixo conta cunha Feira Municipal que se celebra todos os sábados pola mañá na Praza do Balneario en plena capital municipal, onde se poden adquirir produtos tradicionais da horta e froitas ademais doutros produtos téxtiles, calzado, ferraxería etc.

Esta feira celebra neste ano 2016 as súas vosas de prata. Xa son vinte e cinco anos ao longo dos cales se promocionaron os produtos do campo fomentando ao mesmo tempo, a dinamización do comercio local deste municipio.

Descubre cada sábado un espazo no cal se pode saborear a cultura arteixá e pasar momentos especiais, coñecendo as súas xentes e a súa gastronomía.

 ARTEIXO É TRADICIÓN. VEN COÑECELA


Correo-e Imprimir PDF
facebookFeed RSS de ArteixoAtlánticoArteixoAtlántico en YoutubeArteixoAtlántico en Google ProfilesArteixoAtlántico en Picasa
i n f o

(C) 2014 Concello de Arteixo | www.arteixo.org