Feira do Galo

 

ver mapa

O Concello de Arteixo a través da Concellería de Promoción Económica e Turismo,  desenvolve dende o ano 1992 o Feirón do Galo de Nadal, evento coñecido tamén coma Feira do Galo.

A data de celebración está instaurada dende o seu nacemento como o sábado anterior á Noiteboa. Este ano coincide o día 21 de decembro, data na que se celebra a XXII edición converténdose nunha das citas onde se mistura gastronomía, comercio e ocio máis coñecidas de toda a comarca coruñesa.

Coma calquera outro sábado, os comerciantes e feirantes achéganse a Arteixo a ofrecer os seus productos, cunha peculiaridade, á diferencia doutros días, son moitos os vendedores que acoden cos galos que crían eles mesmos e incluso algún acode dende localidades limítrofes  con esa única intención.Todos os vendedores de galos de curral entran como participantes nun Concurso onde o xurado elixe os  mellores exemplares, segundo criterio propio.Nun acto público entréganse diferentes premios en metálico.O pregoeiro do ano 2012 foi o humorista galego Sergio Pazos, este ano 2013 será Pepe Capelán.

  

A maiores se celebran por segundo ano, as Xornadas Gastronómicas do Galo, nas que participarán 11 establementos hosteleiros: Ek Chuah, Bata de Guata, Restaurante O' Anduriña, La Brasería de Arteixo, Barr Vinoteca- Restaurante, TRISKEL Bar de tapas, Restaurante EL GALLO DE ORO, MEU Restaurante, Café & Té KONCIENCIA, Vinoteca O REFUXIO, Café - Bar A TOSTA.

 Nestes locais terán a disposición dos clientes  pratos e tapas elaboradas co galo de curral, para poder degustar un manxar típico destas datas do Nadal.

Este evento ten coma obxectivo ensalzar e dar a coñecer a gastronomía típica dos  fogares arteixáns nas datas do nadal. Descarga plano

Programa de V Televisión " A mochila do viaxeiro" sobre a feira       

Galería de fotos Feira do Galo ano 2011.


 

Correo-e Imprimir PDF
facebookFeed RSS de ArteixoAtlánticoArteixoAtlántico en YoutubeArteixoAtlántico en Google ProfilesArteixoAtlántico en Picasa
i n f o

(C) 2014 Concello de Arteixo | www.arteixo.org