Feira Histórica

ver mapa

Todos os anos, no terceiro fin de semana de outubro, Arteixo ofrece a posibilidade de viaxar á época do 1900. Cada edición dedícase a unha temática diferente: o mar, o amor, a emigración... tal como se vivía na época comprendida entre os anos 1900 a 1950.As persoas que acuden á feira, se é vestida de época moito mellor, poden visitar exposicións fotográficas e de obxectos antigos, gozar vendo a carreira de carrilanas , bailar coa música de orquestras e grupos, participar en xogos populares da época, cear na gran cea baile 1900 do sábado pola noite, entre outras moitas actividades relacionadas segúnu a temática dese ano.

Para os visitantes, dende o Concello de Arteixo invítase a todos os asistentes a vestir coa roupa típica do ano 1900. Evidentemente, o devandito requisito non é obrigatorio.

     

Homes: a pesar da grave recesión económica da época, a xente coidaba en extremo o seu aspecto e as súas formas. Podemos ver en fotos desa época que o home acostumaba a vestir con traxe máis ou menos raído, gravata e boina, mesmo nos seus labores cotiáns. E por suposto, nun día de festa como este non podía faltar o "chapeo".

Mulleres:
A roupa marcáballes moito a cintura e o busto para ensancharse logo na cadeira, pero ían tapadas ata o colo, os nocellos e os pulsos. O pelo sempre recollido en moños de rosca altos ou con atavíos rústicos cubertos por unha pañoleta.

Pode ser moi útil como orientación consultar fotografía da época ( aínda que naquel entón a fotografía estaba ao alcance dos mais podentes, e non se verán seguramente vestimentas de xente que se dedicaba a vender nun posto de feira), anuarios, hemeroteca, etc...o recordar o aspecto de certas persoas ilustres do momento, como Manuel Murguía, Rosalía de Castro, Val Inclán, Unamuno... La roupa que hoxe en día viste a xente maior das zonas rurais pode ser bastante apropiada, xa que nese ámbito a "moda" non evolucionou demasiado.
 


Inicios

Hai doce anos, no ano 2000, xurdiu a idea de crear unha feira histórica dentro dos actos homenaxe ao escritor Manuel Murguía, aproveitando que a Xunta de Galicia dedicaba ese ano ao escritor.

Carteis de todos os anos

XIV Feira Histórica 1900

Vídeo Feira Histórica 1900 ( ano 2013 )

Galería fotográfica ( ano 2013 )

Galería fotográfica II ( ano 2013 )

Video Feira Histórica 1900 ( ano 2012 )

Vídeo II Feira Histórica 1900 ( ano 2012)

Galería fotográfica (ano 2012)

 A finalidade da Concellaría de Cultura foi organizar un "acto cultural popular" de gran calado entre os veciños e con proxección fóra do Concello de Arteixo. Nunha época do ano con poucas festas ou actos en xeral.

Posteriormente foron engadindo novos obxectivos como promover o coñecemento do patrimonio cultural galego (lingua, usos, costumes, oficios, vestimenta...); poñer en valor a nosa cultura entre os mais novos e promover economicamente a feira e o comercio local.
 


 

 
Correo-e Imprimir PDF
facebookFeed RSS de ArteixoAtlánticoArteixoAtlántico en YoutubeArteixoAtlántico en Google ProfilesArteixoAtlántico en Picasa
i n f o

(C) 2014 Concello de Arteixo | www.arteixo.org