Encoro de Rexedoiro

43º 18' 58'' N   8º 29' 31'' W        ver mapa

O encoro de Rexedoiro, atópase no polígono industrial de Sabón na parroquia de Oseiro. É un pantano de orixe artificial, destinado orixinariamente ao abastecemento de auga das industrias do Polígono industrial e da central térmica de Sabón, pero que foi aproveitado dende hai anos polas distintas especies de aves que o utilizan como espazo de nidificación ou de descanso na súa migración, obtendo a tranquilidade e o alimento necesario para que se converta tamén nun espazo de singular beleza do Concello de Arteixo.

Por iso, aínda que o encoro está emprazado nunha área industrial, contén múltiples valores naturais sobresaíntes,  que merecen ser conservados.Deste xeito, o encoro é un lugar privilexiado para a observación de aves, especialmente aves acuáticas e terrestres asociadas a masas de auga e vexetación palustre.

Correo-e Imprimir PDF
facebookFeed RSS de ArteixoAtlánticoArteixoAtlántico en YoutubeArteixoAtlántico en Google ProfilesArteixoAtlántico en Picasa
i n f o

(C) 2014 Concello de Arteixo | www.arteixo.org