Miradoiros

Monte de Santa Locaia

43º 16' 14'' N  8º 29' 34'' W      ver mapa

É un miradoiro natural situado na parroquia de Loureda desde o cal se albiscan os vales de Loureda, Arteixo e Oseiro.

Para acceder desde Arteixo collemos a estrada  de Loureda a Boedo onde temos a indicación de Santa Locaia a man dereita. Unha vez  que subimos toda a pendente atopamos un restaurante e neste punto collemos a esquerda.

O mirador non conta con aparcamento  polo que se accedemos en coche temos que deixalo nas inmediacións do restaurante e subir andando para poder gozar das impresionantes vistas que temos desde este fermoso lugar.

 

Monte de O Cruceiro

43º 20' 9'' N  8º 28' 12''W       ver mapa

Situado na parroquia de Pastoriza nas inmediacións da Igrexa da Nosa Señora de Pastoriza. Unha vez no Santuario un camiño nos conduce ao Monte do cruceiro.

Este lugar é un lugar máxico  e espiritual onde poder gozar da paz e a tranquilidade que nos transmite a imaxe da virxe e ao mesmo tempo gozar das espléndidas vistas que desde este bonito lugar temos.

 

Monte de Angra

43º 18' 20'' N  8º 32' 8'' W       ver mapa

Situado na parroquia de Barrañán no lugar de O Galo. Desde o seu cume tes inmellorables vistas das valgadas de Barrañán, Chamín, Valcovo e o Porto de Lagosteira en Suevos e tamén do interior do Concello, conseguindo coñecer dende arriba toda a súa xeografía e lugares de interese.

Para acceder desde Arteixo collemos a estrada  en dirección a Lañas, pasamos una gasolineira  e un pouco máis adiante  a altura do semáforo collemos a dereita. Logo tomamos  a estrada AC-506  dirección O Galo.

Pódese acceder co coche ata o mirador.



Correo-e Imprimir PDF
facebookFeed RSS de ArteixoAtlánticoArteixoAtlántico en YoutubeArteixoAtlántico en Google ProfilesArteixoAtlántico en Picasa
i n f o

(C) 2014 Concello de Arteixo | www.arteixo.org