Política de Protección de Datos

  1. O Concello de Arteixo pon en coñecemento dos usuarios deste sitio que poderá crear un arquivo automatizado cos datos persoais que sexan facilitados á mesma como consecuencia da utilización do presente sitio web e en estrito cumprimento co preceptuado na lexislación en materia de protección de datos.
  2. Os usuarios garanten a veracidade e autenticidade das informacións e datos que comuniquen en virtude da utilización deste sitio web. Neste sentido, será de obrigación dos usuarios o manter actualizados as informacións e datos de forma tal que correspondan á realidade en cada momento. Calquera manifestación falsa ou inexacta que se produza como consecuencia das informacións e datos manifestados así como os prexuízos que tal información puidese causar será responsabilidade dos usuarios.
  3. En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase que os datos de carácter persoal serán recompilados e arquivados nun ficheiro de datos cuxo responsable é o Concello de Arteixo.
  4. Os usuarios poderán exercitar, en calquera momento, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos recompilados e arquivados. O exercicio destes dereitos deberá efectuarse mediante comunicación escrita dirixida ao Servizo Xurídico do Concello de Arteixo. O exercicio destes dereitos non afectase de ningún xeito ao acceso á páxina web nin, no seu caso, á condición de abonado do usuario.
  5. Os datos rexistrados poderán ser utilizados coa finalidade de efectuar estatísticas, a remisión de información turística e/ou municipal, a xestión de incidencias ou a realización de estudos de mercado, ademais de para as que expresamente se solicitaron os datos.
  6. No seu caso, os datos de carácter persoal facilitados polos usuarios poderán ser comunicados a un terceiro só para o cumprimento dos fins sinalados anteriormente, axustándose ao establecido nos artigos 11 e 21 da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, solicitándose, en todo caso, o consentimento dos interesados cando este sexa necesario.
  7. Ao facilitar os datos de carácter persoal ao Concello de Arteixo, os usuarios declaran aceptar plenamente e sen reservas o tratamento dos mesmos por parte do Concello de Arteixo.
  8. O Concello de Arteixo comprométese a cumprir coa obrigación de gardar secreto respecto dos datos de carácter persoal obxecto de tratamento e declara a súa intención de pór en práctica as medidas de índole técnica e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta do estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural.
  9. A vulneración do previsto nas presentes condicións de uso en canto á protección de datos de carácter persoal e, en xeral, do regulado na Lei Orgánica 5/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e no Real Decreto 1720/2007, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da devandita Lei Orgánica, dará lugar á presentación da correspondente denuncia ante a Axencia Española de Protección de Datos, así como á incoación dos procedementos pertinentes se os responsables da infracción pertencesen ao Concello de Arteixo.
Correo-e Imprimir PDF
facebookFeed RSS de ArteixoAtlánticoArteixoAtlántico en YoutubeArteixoAtlántico en Google ProfilesArteixoAtlántico en Picasa
i n f o

(C) 2014 Concello de Arteixo | www.arteixo.org