Nov 22

Arteixo - Xalo

Ver Ruta Arteixo-Xalo en un mapa más grande

 

Percorrido: 27´2km

Duración: 8h

Dificultade: media – baixa

Tipo de trazado: lineal – bidireccional

Punto de partida: paseo fluvial “Río Bolaños” (Arteixo)

Punto de chegada: Igrexa de Santo Estevo de Paleo (Carral)

Concellos polos que pasa: Arteixo, Culleredo, Carral

 A ruta comeza no paseo fluvial “Río Bolaños” de Arteixo e continúa cara a Loureda, onde está a igrexa parroquial de Santa María e desde aquí, vai a Canzobre.

Déixase Canzobre e, por camiños e corredoiras, este roteiro achégase até Bregua e Boedo, lugares axeitados para facer unha parada a carón das tradicionais fontes e lavadoiros, gozando ao mesmo tempo, deste patrimonio etnográfico.

 Continúase coa marcha con chegada á Cabana. A partir de aquí comeza un ascenso cara ao cume do Monte Xalo, auténtico “pulmón verde” e impresionante miradoiro desta bisbarra.

 Logo comeza o descenso cara a Folgueira onde se sitúa a Área de Lecer de Castelo e remata na Igrexa parroquial de Santo Estevo de Paleo en Carral.



 

Correo-e Imprimir PDF
facebookFeed RSS de ArteixoAtlánticoArteixoAtlántico en YoutubeArteixoAtlántico en Google ProfilesArteixoAtlántico en Picasa
i n f o

(C) 2014 Concello de Arteixo | www.arteixo.org